Entradas en : 2013 octubre

  • oct
    04

    Pánico en el Bosque de los Corazones Marchitos/Pánico no Bosque dos Corazóns Murchos


    por Bululu
    publicado en Eventos, Novedad
    Comentarios desactivados

    Está a punto de llegar a nuestros almacenes “Pánico en el Bosque de los Corazones Marchitos” una de las dos apuestas de nuestra editorial para este Otoño.

    La apuesta está asegurada ya que nace de un artista, Jack Mircala, que engrandece nuestro catálogo con la calidad de sus historias y de sus dibujos.

    Rescatamos una de sus primeras obras, además inédita, en la que nos muestra su faceta, quizá menos conocida, como gran dibujante. Doce dibujos de gran formato, a rotring,  que ilustran esta tierna y personal historia.

    Para los que aún no sois fans de este autor os dejamos una breve reseña.

    Jack Mircala, artista madrileño, procedente del diseño industrial y de interiores, a inicios de los 90 da un giro a su trayectoria profesional desarrollando una fecunda y original obra, un mundo melancólico y gótico con historias originales y coloridas de un lirismo dramático que lo entronca con su admirado Tim Burton, Poe o las películas clásicas de la Hammer.

     

    Una nueva apuesta de la Editorial Bululú por la calidad en los contenidos y en la presentación de sus álbumes ilustrados.

    * * *

    Está a punto de chegar aos nosos almacéns “Pánico no Bosque dos Corazóns Murchos” unha das dúas apostas da nosa editorial para este Outono.

    A aposta está asegurada xa que nace dun artista, Jack Mircala, que engrandece o noso catálogo coa calidade das súas historias e dos seus debuxos.
    Rescatamos unha das súas primeiras obras, ademais inédita, na que nos mostra a súa faceta, quizais menos coñecida, como gran debuxante. Doce debuxos de gran formato, a rotring, que ilustran esta tenra e persoal historia.

    Para os que aínda non sodes fans deste autor deixámosvos unha breve recensión.
    Jack Mircala, artista madrileño, procedente do deseño industrial e de interiores, a inicios dos 90 dá un xiro á súa traxectoria profesional desenvolvendo unha fecunda e orixinal obra, un mundo melancólico e gótico con historias orixinais e coloridas dun lirismo dramático que oentronca co seu admirado Tim Burton, Poe ou as películas clásicas da Hammer.

    Unha nova aposta da Editorial Bululú pola calidade nos contidos e na presentación dos seus álbums ilustrados.

    Ver Más